20 de marzo de 2011, domingo, día despois do San Pepe, santo de primeira categoría (é festivo cando non cadra en domingo pola cantidade de Pepes importantes ao longo da historia), cheo total, lista de espera, día espléndido (non chove)...que máis queremos!
Dá gusto comprobar como hai comentarios antes de aparecer a crónica; isto quere dicir que hai ganas de andar e máis ganas de contalo.
Os andaríns do Souto do Vello comezaron subindo ao pé do rego de Samieira pasando polos muíños que van aparecendo como cogomelos e deixando atrás unhas excelentes vistas da ría de Pontevedra. Pasada a aldea de Bastos chegamos ao petróglifo do Outeiro do Cribo. Moi interesante a visita, pero creo que non menos interesante foi o bocata (xa estabamos na hora!). Despois do outeiro baixamos ata o mosteiro de Armenteira (se queredes máis información visitade esta páxina http://www.armenteira.com). Visita ao claustro e mais a capela. Non vimos a San Ero. Algúns aproveitaron para “trasegar” viño de Barrantes con callos incluídos.
A continuación prácido descenso de 8 km pola beira do río Armenteira, pasando pola aldea de pedra construída polos alumnos da escola de canteiros de Poio. A senda está poboada por árbores centenarias, e non tan centenarias, que están rebentando coa forza da primavera e sempre acompañados polo rumor das augas do río, o que fai que a baixada sexa unha ledicia. Chegamos á hora de comer á área recreativa dispondo de mesas, bar, aseos e lugares e tempo para a sesta.
Xa pola tarde chegamos a Cambados, conxunto histórico-artístico que paga a pena visitar (aquí disque tamén hai albariño). Comezamos a visita polo mirador da Pastora e continuamos pola igrexa de Santa Mariña, templo gótico de finais do século XV, construído sobre unha ermida románica. É un edificio dunha nave dividida por varios arcos transversais e con capelas laterais. Alí hai un bonito camposanto. Logo baixamos ata a torre de san Saturniño, na illa de Figueira, que fora construída para defenderse dos ataques vikingos.
Rematamos cun bonito paseo marítimo e unha “garimba” ou albariño porque a esas horas ía unha calor...!
Na viaxe de volta algúns viñeron facendo empanadillas que ofreceron á chegada a Matamá, aínda que houbo quen quedou sen elas, verdade Lucho?!.
Algúns queixáronse da dureza da marcha, por favor as queixas á organización (na cara ou aquí nos comentarios). Agardamos as vosas opinións ou suxestións... e tamén a seguinte andaina aínda que sexa tan dura como esta! Ánimo!
Aquí quedan un par de pases de fotos!
! Ola! a todos e todas a orjanisasión toma nota do comentario da Srta. Mary Costas en representacion do 75% da seccion femenina e para a proxima tempada fara unha saida espesial a o seu justo, pero teñen que comprender que o 25% restante e o 100X100 da sección masculina gostanlle as marchas un pouquiño mais duriñas, no tocante a boda a orjanisasion pon o ramo da noiva, vemonos na proxima.
ResponderEliminarBoeno eu sempre estou dacordo coa organizazon pero tamen con mais saidas coma a de Armenteira que estubo mio bonita e ben regada e gustoume moito a visita a cambados e a explicacion do hitoriador sobre a torre felicitar tamen os fotografos que nos saca a todos moi guapiños.
ResponderEliminarEu non sei de donde saca a orjanisacion esos númaros, o outro 25% de mozas tamén queremos andaianas coma esta. O mellor de todo foron as empanadillas do remate, tamén a comida. Que dijan as outras que eu xa dixen bastante. Si fai falta levar as arras na boda vou eu. A, as fotos moi bonitas. Hasta a próxima.
ResponderEliminarMari de Poli dijo...
ResponderEliminarMe encantó la paz que transmitía el agua del río corriendo por su cauce y que hace que uno sea un poco egoísta mientras camina y se relaja pensando solo en si mismo aunque vaya rodeado de grandes amigos andarines y una sea una novata.Aunque todos los hombres digan que fue floja sobre todo aquí el señorito mio a mi desde luego me pareció media y no me creo nada cuando me digan que no hay cuestas porque no me gustan nada de nada ahora que bien me cayeron los churros que comimos algunos de los que no bebimos el vino. Me queda pena no ir a la de Portugal pero aquí mi señorito que no se si no quiere que no vaya porque dice que es muy dura o por que añora cuando íba SOLO con sus amiguitas de Matama Bueno de todas formas que lo paseis muy bien.
Carmiña a orjanisasion non saca numeros iso e cousa de Mary e sejuro que ti estas nos 75% e non no 25%.- dis que as empanadillas do remate estaban boas o malo que solo foron para as enchufadas do Srt. JOOOnda. dis tamen que as fotos son bonitas pero mais bonitas sodes as que nelas saides bicos para toda a secion femenina, e para o Joonda que se jooooo. chao
ResponderEliminarMari do carballal o de poli tanto monta ,tú no estés preocupada pues a poli lo cuidamos nosotras las de la tercera edad , en especial MARY COSTAS nada más porque somos de la misma parroquia
ResponderEliminarun saludo
Mary Costas como siempre está en todo, hoy en Plaza san Mauro algunos de los hombres de "O Souto do Vello" están realizando una comida, no se si están pensando sobre mi comentario del dia 25,o si estará realizando la pedida de mano de Moncho y Gonda, ya que éste estaba en la cabecera de la mesa, tengo pruebas fotográficas que lo demuestran. Un saludo y estar atentas.
ResponderEliminar