Será unha ruta polos muíños de Samieira e Armenteira, nada menos que 76 muíños de agua e unhas fermosas paisaxes. Pasaremos polo petróglifo do Outeiro do Cribo en Armenteira espectacular representación dun labirinto e dous cervos con 3.000 anos de antigüidade.
Visitaremos o mosteiro de Armenteira do século XII, obra senlleira da arquitectura da orde do Císter (www.monasteriodearmenteira.org).
Datos da ruta:
Duración: todo o día
Percorrido: 22 Km
Dificultade: Baixa
A saída será ás 9 da mañá do 20 de marzo dende o Torreiro da Festa de Matamá. Iremos en autobús polo que é preciso anotarse.
A seguir camiñando!!
Telmo
Isto ten boa pinta rapaces, eu pregarialle a orjanisasión que nos levara a Cambados a tomar un barrantes ese si que seria un bo final para un estupendo dia.
ResponderEliminarestades todos tolos
ResponderEliminarANONIMO
Eu Mary Costas creo,e xuraria que o 75% das integrantes femeninas do souto do vello (poque os maculinos non opinan anque vallan afogados coa lengua de fora) que a andaina de hoxe foi moi bonita,relaxante e interesante. Destas temos que facer mais pois xa temos certa idade,ainda que os cabaleiros non o queiran reconocer, para andar "escalando".Ainda así as veces tamén é satisfactorio rematar algunha das de "dificultade media-alta" jeje
ResponderEliminarHay que felicitar a organización pola ruta tan estupenda que acadamos de realizar. Deberian ser asi todas: bon percorrido e bo viño (e boas mulleres por suposto, ainda que se bota de menos algún que outro streptease). Nada o dito felicitacions e congratulations.
ResponderEliminarUnha cousa mais: a ver para cando a boda do "jonda" e do moncho, que a estamos esperando todos.
Miña nai!!Falto a unha e pérdome petición de voda, bo viño, boas mulleres...
ResponderEliminarPor certo, eu anímome a tocar a marcha nupcial!! :-)
Apertas aos "soutovelleiros" e "soutovelleiras".
A seguir camiñando!!
Mary Costas como siempre está en todo, hoy en Plaza san Mauro algunos de los hombres de "O Souto do Vello" están realizando una comida, no se si están pensando sobre mi comentario del dia 25,o si estará realizando la pedida de mano de Moncho y Gonda, ya que éste estaba en la cabecera de la mesa, tengo pruebas fotográficas que lo demuestran. Un saludo y estar atentas.
ResponderEliminar