A verdade é que foi un remate digno de mérito onde todos e todas estivestes á altura das circunstancias.
Agradécense os comentarios que puxestes na entrada anterior pero podedes engadir outros agora. Animade a todo o mundo que participe coas súas opinións e suxestións; xa sabedes que a organización está estudando o xeito de premiar os mellores comentarios.
Aquí vos quedan algunhas das fotos para que vexades con que persoal contamos. Un saúdo e bo verán!
cea fin 9ª |
Isto do sendeirismo é cousa sorprendente pois non hai máis que ver ALGUNHAS FOTOS para comprobar o corpo que se lle pon a algúns! Esas montañas de músculos de tanto subir as "mesmas"!Ainda que me parece que igual "destiñen" cando van á lavadora, pero eso pode ter o encanto de descubrir o que ocultan debaixo. De tódolos xeitos, admiro sobre todo a vosa constancia e bo humor para camiñar chova ou faga sol. Moita saúde e forza para todas e todos!
ResponderEliminarTes razón "admiradora amiga", ás veces cando recibes un agasallo aínda que o envoltorio sexa bonito, o máis importante é o "paquete" que hai dentro.
ResponderEliminarA colección de fotos demostra o duro que debe ser o sendeirismo... eu case me vou apuntar, que che parece?
Bicos de paella para todas e todos! Bo verán!
Que corpazos!! Pero estas fotos non estarán trucadas? ;-)
ResponderEliminarVEndo esto xa me esquezo do sabor da paella. Así que a ver cando nos deleitan con outra, ou un menú similar... E por suposto nonj poden faltar os gaiteiros!!
Xa queda menos para a próxima, non si? Estamos deseosos, non só polas andainas senón máis que nada polas enchentas jajajaja!