O Souto do Vello no cume galego!

O Souto do Vello no cume galego!

4 sept 2011

O Souto do Vello en Riveira

Como se pode apreciar na foto, unha representación do Souto do Vello (o mellor de cada casa) acudiu esta fin de semana á comarca do Barbanza para participar na IX andaina de 50 km de Riveira. Segundo as pombas mensaxeiras, o Souto do Vello pode sentirse orgulloso do comportamento dos seus representantes (disque non comeron moito). Xa vedes que non andan con díxome-díxome nin pataqueiradas e preséntanse nun 50 para comezar a DÉCIMA do Souto. Isto promete. Por certo, estade atentos e atentas porque logo comeza a tempada, que como xa sabedes, estará adicada aos ríos. As mesmas pombas viaxeiras tamén nos comunicaron que os da orghanisasión andan a argallar non sei qué para celebrar o décimo aniversario... esperamos noticias! Ánimo!

1 comentario:

  1. Si señor!! Deixando o pabellón ben alto. Isto si que é comezar forte!!
    Apertas e a seguir camiñando!!

    ResponderEliminar