O pasado domingo, 11 de novembro, día de San Martiño, parece que non cabía outra posibilidade que visitar a provincia de Ourense. Unha das comarcas máis representativas da provincia é O Ribeiro, así que a organización acertou de cheo ao levarnos ata Leiro e dende alí subir ata o Monumento Natural de Pena Corneira.
Saímos dende a praza de Leiro, onde estaban a preparar unha exposición de cogomelos, e collemos a senda en dirección a Pazos de Arenteiro cunha pequena subida polo Camiño Real. Á hora do bocata estabamos en Paredes. Alí paramos ao redor dalgúns dos 30 hórreos que hai nesa área etnográfica que conta tamén con varios muíños.
Continuamos camiño ata chegar ao pé de Pena Corneira. Dende logo non é milagre que declarasen a zona Monumento Natural vendo eses penedos graníticos que mesmo parecen colocados adrede e algúns dá a impresión de que poden caer en calquera momento. Despois de contemplar a paisaxe que se nos ofrece dende a base da pena, comezamos a baixada con idea de comer en Berán. De camiño pasamos por Orega e outros núcleos de poboación con restos de edificacións que demostran a importancia que deberon ter no seu tempo. Comemos ao pé da bonita igrexa de Berán e puidemos degustar un exquisito viño do Ribeiro e, segundo din eles, o mellor licor café do mundo.
Despois do xantar e xa todos máis “contentos” pasamos por Vieite e chegamos ao paseo polo Avia. Cruzamos polo Salgueiral, que como o nome indica é un precioso lugar poboado de salgueiros e chopos. Nesta época do ano é un espectáculo pasear por alí. Logo cruzamos a ponte colgante para volver ao centro de Leiro onde nos esperaba o autobús.
Foi unha andaina preciosa, onde algúns non perderon o tempo e aproveitaron para encher a cesta de “Carapuchiña” de cogomelos que atopamos polo sendeiro. Non só a cesta, senón que encheron varias gorras… Hai que ver!
Bonito, bonito!!! Xa me levaredes!!
ResponderEliminarTelmo o que te perdeche, eu si que te levava pero non sei o camiño demos tantas voltas que de seguro iamos a perdernos .....a mim non me importaria...... pero os teus compañeiros da organizacion de seguro que te van levar, e si non e asi non lle fales mais porque o comentario e as fotos son ben bonitas coma sempre pero pa nada comparado co que vimos, a eso si vaste perder a nosa compañia e non vexas o cachondeo despois do licor cafe hasta os que non o cataron estaban mais contentos xa estou contando os dias para a proxima e recomendoche que non a perdas porque polo dixeron no autobus vai ser como sempre espetacular as miñas felicidades a todos que as preparan por ronperse tanto a cabesa en buscarnos sitios tan bonitos si estades de acordo comentar aljo que sempre falamos as mismas.
ResponderEliminarMira que sodes...Na charla de estiramentos do outro día o Alberto dixo que había que beber moito...pero AUGA!!! Polo que estades contando correu o licorcafe!! Insisto: o que me perdín!!
ResponderEliminarTes razón, Telmo, o que perdiches! Unha boa andaina, un día precioso e unhas pedras monumentales... Gracias ó que bebemos fixemos bastantes estiramentos, codo parriba, codo pabaixo, primeiro co ribeiro tinto e despois co licor café...Hai que ver!
ResponderEliminarTodos tedes razon pero o mais bonito e o mais rico foi o pulpo e os cogumelos.
ResponderEliminarorganizacion cando tes pensado contestar a estes comentarios oque olea pensaran queisto non eserio odo senderismo porfabor ay que ser mais formales haora deescribir un abrazo a organizacion
ResponderEliminarComa sempre todo moy ben hasta os meus pes o agradeceron Grazas organizadores,a seguir asi
ResponderEliminarcompañeiros e compañeiras odia 30 temos charlas cantos mais acudamos a organtzacion estara leda enos lebara a sitios fermosos
ResponderEliminar