Remata a tempada 2012/13
de andainas do Souto do Vello e puidemos facelo nunha xornada espectacular de
primaveraveráninverno. Foi unha fin de semana moi amena para poñer punto e
seguido.
O pasado domingo, 16 de
xuño recibiunos un sol marabilloso e o retorno do chófer pródigo, o preferido
da sección feminina sobre todo, o noso amigo Rubén Darío. A xornada prometía.
Comezamos a camiñar no
alto do Candán, onde nos agardaba José Rodríguez e a súa dona Gloria, que foron
os ideólogos desta ruta e os construtores da espectacular ponte sobre o río
Deza. Con algo de fresquiño fómonos achegando ata o vértice xeodésico do alto
do Candán a 1015m de altitude. O Poli estivo un pouco máis alto. De aí, por un
pronunciado descenso, chegamos á aldea abandoada de Grovas, fermosa paraxe ao
pé dun regato con fermosos prados. Collendo o camiño orixinal da aldea fómonos
achegando a Bustelos e de alí cara ao río Ceza, buscando a ponte da que falamos
antes. Construída por José e Gloria o día anterior, evitounos un percorrido
máis longo por asfalto. Moitas grazas.
Despois, cun suaviño
paseo chegamos ao bar “A Robleda” onde nos agardaba unha espectacular
churrascada.
No remate a actuación dos
Soutiños, onde deu os primeiros pasos un novo tamborileiro. Seguiulle un moi
animado baile, o que demostra que a ruta non foi tan dura como dicían as
queixas dalgunhas andarinas durante o percorrido.
Así rematou esta tempada
demostrando unha vez máis a boa harmonía dos andaríns do Souto do Vello que xa
están contando os días que faltan para comezar a nova tempada 2013/14. Feliz
verán!
Para ver as fotos fai clic aquí.
Para ver as fotos fai clic aquí.
Que prisa tedes por escribir non dades tempo nin a facer a cronica por certo Mary un pracer o contar contigo de novo no foro , dende a orjanisasión reiteramos as gracias a Jose por artellar este bonito percorrido e pola ponte sobre o Deza por certo buscanse voluntarios para o proximo sabado ir desfacer a ponte, sobre a ruta creo que as Maris e as Carmenes non tiñades o dia para andar a mostra de que non foi tan dura, como ben di a Josefa, o certo que vos recuperastes ben por sorte pa todos para darnos esa exsibición de baile, felicidades a todos por contribuir a unha xornada tan expectacular, pasade un bo veran e entrenar ben, que a proxima tempada promete ser .......
ResponderEliminaro souto do vello pares un a gran familia das poucas que hay os endia rimos bailamos comemos difurtamos dana turalesa eu esto umpouco triste megustaria conocer a carmiña saque abeses llecontesto biba a orjanisasion e grupo o souto do vello
ResponderEliminarDispois de ver as fotos dame mais pena non ter ido, sejuro que o pasastes de medo. Carballeira non te poñas triste que lojo volvemos empesar. Polo que di a cronica, ti non serias das que se queixou, non? porque ben que beillabas. Saudos a todos e bo verán.
ResponderEliminarQue fotos tan bonitas! Felicidades a todos e todas que josastes desta andaina. Espero poder ir de cando en ves con vos na próxima temporada pois hoxe mirando as fotos non podía crer o que via. Xa hai que ser animados e bos compañeiros para faser esa ponte! Esas cousas non se dan con frecuencia e quero felicitar aos construtores polo traballiño que pasaron; espero faselo en persoa cando poida.
ResponderEliminarSodes todos e todas uns "cracs". Que todos teñades un bo verán e á orjanisasión moitas felisidades pois seguro que tiveron moito que ver neste clima que se apresia tanto nas saídas (hai quen fai majia en plan Harry Potter)como cando se le o blog,no que xa se ve máis partisipasión.
Un bico en especial para a carballeira que se anima sempre a poner a jrasia cos seus comentarios. E tamén para o meu "compa" de traballo que tivo o acerto de faserme entrar en contacto con esta xente tan estupenda.
elena graciñas polo do bico ti debes ser un a persona muy importante cando solo podes vir embes en cando osdo puente nonlle costaria muito porque oser albañil algo de esperencia tendar o peor seria lebar as tablas astali ainda ay personas boas no mundo graciñas a esa paresa
ResponderEliminarEu non sei que pasa con tanta tecnoloxia
ResponderEliminardesaparecen cousas
aparecen outras sin eu entendelas
dias atras eu escribin.e, agora xa non esta, me esquecin que dixen
O que si recordo e que todo estivo muy ben
Tanto as pendentes como as costas
Para os Señores Rodriguez un sobresaiente
Preparados todos para a proxima
queda moito que disfrutar xuntos
josefa primeiro tes que saber onde escribes non desapareseu nada esta ben gardado busca ben biba o souto dovello
ResponderEliminarQueridos compañeiros,amigos y sobre todo familiares,porque iso e o que somos unha gran FAMILIA. Oxala isto perdure por moitos anos.Estou desexanndo comenzar as andainas desta nova tempada e cun deseo especial de unha pronta recuperacion a o noso DIRECTOR (Bacelos).Cando hay unha festa en Matama e nos encontramos os senderistas Do Souto do Vello iso e un acto espectacular eses bicos,abrazos y os comentarios das nosas andainas, compañeiros iso e algo inesquecible.Cando nos atopamos co noso queridisimo GARRIDO y a sua esposa por fabor,non me digades que ese non e un momento ESPECIAL. Oxala sigamos unidos por moitos anos e sigamos camiñando,comendo,bailando e disfrutando das nosas ANDAINAS. Kerobos.
ResponderEliminarDespois de mirar as impresionantes fotos da derradeira andaina po lo Candán, e os comentarios de Pepe na discripción da mesna, con unha claridade meridiana e estupendamente comentada. As fotos unha auténtica maravilla paixasística, pero a que se levou a palma foi a da "PONTE ROMMANA" diseñada e
ResponderEliminarconstruida polo inxeñeiro de pontes e camiños D. José Rodriguez
e a axudante Dª. Gloria que ademais e a sua dona, construida sobre o rio Ceza. Impresionante a obra de inxenieria aplicada para o paso da infanteria do " SOUTO DO VELLO".
Moitas grazas por este traballo tan ben feito que nos salvóu a alguns dun chapuzón imprevisto.
Animo compañeiros que a vindeira tempada está na porta, e non temos dúvida que nos repo0rtará novas aventuras e o disfrute da amistade e compañerismo que reina nos compoñentes
deste maravilloso grupo de senderismo.
Un saudo para todos
Eusebio