Como estaba previsto e anunciado na última saída, a organización convocounos para pasar un día de praia e de paso darlles unha sorpresa ao club das "adolescentes" Mercedes, Victoria e compañía. Así foi como os que puidemos nos presentamos o pasado día 14 de xullo no Chazo, en Boiro. Acompañamos aos Soutiños nun pasarrúas que nos levou ata a porta do Chaciño, onde nos recibiron unhas sorprendidas mozas que foron agasalladas cun bonito ramo de flores. A cambio nós puidemos degustar as riquísimas empanadillas, que en principio non estaban destinadas para nós. O día estivo estupendo e aproveitamos a praia, baños, paseos, charla... Logo xantamos todos xuntos, primeiro unha exquisita mexilloada e logo compartimos as viandas que cada un levou. Sobremesas variadas, caldos de autor...Despois de xantar os coros fixeron un repaso ao repertorio nacional e mesmo internacional. E como non podía ser doutra maneira, os Soutiños amenizáronnos cunha sesión licor-café que foi seguida por gran cantidade de bos bailaríns.

Non lle perdoamos un baño pola tarde e mesmo asistimos a un gran repertorio de chistes e contos do amifo Manolo "O jabalí".
Xa ben avanzada a tarde despedímonos das nosas amigas Mercedes, Victoria e Maruja que nos agradeceron moito a xornada festiva coa que non contaban.
Nós tamén lle agradecemos especialmente a Mercedes pola acollida que sempre nos prestou aos do Souto do Vello e agardamos repetir esta visita.
Quero agradecervos de corazón a todos vós pola gran sorpresa que lle destes a miña nai e Victoria. Tivémolas enganadas todo o tempo e realmente se emocionaron moito. O día creo que tamén axudou para disfrutar das praias do Chazo. E coma sempre todos vós animando, cantando,compartindo. Nunca esquecerei ese día e elas tampouco. Gracias de corazón amigos!!!
ResponderEliminarQue alegria mais grande acabo de levar o ver as fotos e ler os comentarios, pois eu que non poiden ir por compromisos familiares, alegrome moito que todo saira coma tiñades pensado que que a sorpresa fora moi grande, querolle mandar un abrazo moi forte a Mercedes e Victoria porque sempre o pasamos moi ben na sua compaña, boa pena que me quedou de non poder comer unha empanadilla gracias a todos os que fostes en representacion do grupo a pasar este dia con esas grandes amigas, xa me diredes canto ai que por para os ramos, seguir pasando bo verano e que chege pronto setembro para empezar a andar e sobre todo para estar xuntos.
ResponderEliminarmerce cando mepuse a leer medeu ganas de chorar tubestes un gran balor para engañalas graciñas aesa sente que semper nos recibe cos barzos abertos e semper estan pendientes do gurpo que nonos falte nada que dia cheo de felicidaz graciñas atodos que participamos emais quen organizou bendito o dia que telmo e al gun mais selle ocurriu organizar senderismo viva o souto do vello
ResponderEliminarAi carballeira, que bos sentimentos tes, que bonitas cousas dis. Eu xa sabía que eras boa persoa, tan ajradesida, así da justo. Vendo esas fotos e lendo estas cousas tan bonitas un síntese orjulloso de ser do Souto do vello.. e que sexa por moitos anos. Felisidades a todas.
ResponderEliminar