Xa tocaba a primeira saída de fin de semana da tempada.
A organización elixiu o Parque Naturaldas Fragas do Eume, nada máis nin nada menos. Empezou todo con bo pé:
chófer preferido, autobús novo, tempo fabuloso…isto presaxiaba unha
espectacular fin de semana. E non nos equivocamos, lástima os que o perderon.
Saímos de Matamá o sábado ben cediño poñendo rumbao
cara ao concello das Pontes de García Rodríguez. Á altura do pavillón de
deportes comezamos a ruta das altas
fragas do Eume, percorrendo o encoro de Ribeira e montes e fragas de Lostegal. Preciosa
ruta que debemos agradecer aos amigos do Club Caxado das Pontes o traballo que
pasaron para que os demais poidamos gozar desta marabilla. Trátase dunha ruta
de auténtico sendeirismo onde podes gozar da diversidade de paraxes, desde
bosques atlánticos ata a flora que acompaña as ribeiras do río Eume. As
sendeiristas do Souto do Vello demostraron que están en plena forma e superaron
de sobra as dificultades que atoparon durante o traxecto. Algunhas aínda se permitían facr acrobacias.
Pódese ver nas fotos, pero a verdade é que hai que vivilo para poder comprobar a grandiosidade dunhas fragas consideradas como as mellor consevadas de toda a franxa atlántica europea. Non fai falta ir moi lonxe para trasladarnos a outras épocas e vivir a tranquilidade, o sosego e a virxinidade da natureza.
Pódese ver nas fotos, pero a verdade é que hai que vivilo para poder comprobar a grandiosidade dunhas fragas consideradas como as mellor consevadas de toda a franxa atlántica europea. Non fai falta ir moi lonxe para trasladarnos a outras épocas e vivir a tranquilidade, o sosego e a virxinidade da natureza.
Para rematar esta primeira xornada tivemos cea e
aloxamento no hotel Eumesa de Pontedeume onde fomos tratados estupendamente.
Despois da cea houbo sesión de karaoke onde a maioría
demostrou as súas dotes de “cantantes”. Como cambiaba a hora non había présa
por ir a durmir.
Ao día seguinte, domingo, comezamos a xornada facendo
unha visita ao interesante mosteiro deMonfero. Logo comezamos a ruta do Medievo que nos levaría ao corazón das
fragas do Eume e ao seu impresionante mosteiro de Caaveiro. Logo de xantar seguimos a ruta ao pé do río e baixo un manto
de vexetación autóctona para chegar, despois de cruzar a ponte prohibida, ao centro de interpretación do parque onde
demos por finalizada a fin de semana.
Os andaríns e andarinas do Souto do Vello non tiñan
palabras para agradecer a boa organización e o resultado dos dous días de
convivencia e camiñadas. Moitas grazas!!
Para ver as fotos fai clic na sendeirista.
Para ver as fotos fai clic na sendeirista.
Que envexa que ven o pasastedes non ai mais que ver as fotos a cara de felicidade que tedes e non podia ser doutra maneira con eses sitios tan espectaculares, e as cantantes a verdade que lle poñen moito xeito a ver si algun ano a repiten e poido ir , a atleta tenme un aire coa carballeira tan disposta sempre ela, vemonos na proxima saida, viva a xente do souto do vello.
ResponderEliminarEsta senderista si que e das nosas
ResponderEliminarA anterior non sei que queria decir
Xa sei que tuvo moito comentario, pero sin respostas por parte da organizacion
Sobre a sida do Eume non me lamento
Conformome con ber as caras dos que puderon disfrutar da ruta e todo mais
Eso si decir, que os paisaxes maravillosos
Os artistas que pena non escoitalos
Nuna palabra, servimos pra todo
Vemonos na proxima
Viva o souto do vello
Moitas gracias a todos por o recibimento que lle destes a meu hirmán.
ResponderEliminarAsí puido ver o ben que o pasamos e o que se perde por non vir con nos.
Repito, moita graacias a todo o mundo.
Que ganas tiña xa de decir algo e que tuben o aparato escoñado, a verdade que a senderista nova perecese con toda a carballeira, ela sempre tan lixeira, claro ten a o susiño que carja con todo e asi calquera, teño que decir que a orjanización se esta portando primeiro, un paseo por Allariz e agora ainda que non tan paseo nos levaron por esas fragas maravillosas que con eses paraxes espetaculares e sempre en boa compañia todo se leva mellor , bueno mui cansadas non deviamos estar que a noite foi larga tanto dentro como fora do karaoque, pero o dia seguinte ali estabamos todas dando exemplo non coma os homes que daba pena mirar para eles, grasias a todos e os que nos levan por ai que sigan asi de bos.
ResponderEliminarCoa alegría e a enerxía que desbordades, non tedes mais remedio que pasalo como o pasades...moi ben!!.
ResponderEliminarA andaina do domingo foi unha maravilla, a compaña, o recorrido e o tempo; todo estuvo perfecto...ata vin por primeira vez no monte o fruto maduro do madroño.
Gracias a todos por facerme sentir tan a gusto con vos.
Ata a próxima
Luis Villar
A orjanisasión: quere feclicitar a todos os que participaron na actividade polo seu comportamento exemplar tanto nos sendeiros que non estaban exentos de riscos coma nas actividades nocturnas e a os que non poideron vir por lesión facernos o favor de poñervos ben canto antes que vos botamos moito de menos, a Luis Villar decirlle que o pracer foi noso, e de vez en cando abusa da hospitalidade de teu irman e acompañanos de novo, facer mencion de dous comentarios feitos a finais de agosto e feitos na saida da fin de tempada en Vilatuxe para que os leades que igual os pasaron desapercibidos, e gracias a todos que leedes e escribides estes comentarios que asi nos mantemos en contacto e nos reimos un pouco entre as distintas saidas..... e a Carmiña que lle funcione ben o parato moito tempo e nos conte coma se fai, ai e a carballeira cada dia esta mais juapiña e ai que ver coma corre.....unha aperta pa todos.
ResponderEliminarOrganisasion ahora pares que queredes quedar ben coa atleta menos mal que caistes da burra . Carmiña me juntaria que te deras a conocer. sinto por ti que estas celosa por que ando lixeira,teste que fijar un pouco en min que osusiño non carja con todo. Elena por donde andas pares que estas desaparecida nin escreves nin se che mira opelo.somos un grupoguai xuntos chegaremos lonxe
ResponderEliminarDa justo ver como está isto, moita xente a escreber, así debe ser. non me estraña con esa moza que puxeron agora. ten rasón a Carmiña, a min tamén se me pares aljo a carballeira. Ajora xa a temos contenta. Bueno contentos estamos todos despois destes días marabillosos. un aplauso para a orjanizacion. Carmiña, ten coidado co aparato, se fai falta arrejlar aljo avisa, que os do souto do vello estamos pa axudar. Bicos a todas.
ResponderEliminarAi Carballeira, como me justa que me botes de menos, asi xa sei que teño aljen que me quere ben. Pois a verdade é que anduven liada pero vou ver se podo ir pronto andar con vós. Tamén me fixei no anónimo que dis que mirou o madroño, que teña moito coidado que cando se come din que da aljo de "soltura de vientre", e daquela faría falta o meijallo que sabe faser o "patrón Bacelos" coma o que fixo en Portujal!
ResponderEliminarQue viva o jrupo do "souto do vello" e tamén os "achejados" que tan ben nolo fan pasar. Biquiños para todas e todos!