Os andaríns e as
andarinas do Souto do Vello vanse facer especialistas en dúas cousas, en
santuarios e en ríos. É certo, o mesmo van ó santuario do Bacallao como ó da
Franqueira, tanto van ó pé do río Eume como dunha sentada pasean polo río Calvo,
o Deva e o Oulo, tres nun. Esta foi a última marabilla que nos preparou a
organización coa axuda de José Carlos, o fillo de Carlos e Marité, ó que lle
damos as grazas. Saímos do santuario da Franqueira para chegar ó santuario de
Pena de Francia. Partindo da Franqueira
empezamos a subir cara ó Coto da Vella, viacrucis incluído. Dende o alto
dominas unha paisaxe incrible. De alí xa fomos baixando pasando polo nacemento
do río Calvo que nos levaría polas vizosas fragas deste río e mais do Deva. Incorporámonos
á ruta que chaman “As Fragas e Levadas do Calvo e Deva”.
Segundo di no cartel “Un lugar máxico onde o tempo se detén e a vida flúe con
toda a súa enerxía...” Polo camiño
vas vendo exemplares únicos de castiñeiros e carballos, sen esquecernos máis
adiante do espectacular sobreiral. Pero ademais a ruta está inzada de elementos
arquitectónicos moi valiosos como petos de ánimas, cruceiros, muíños, camiños
reais, pazos como o de Cervellón, igrexas … Os sendeiros que van pola beira
destes ríos, nesta época do ano están espectaculares. Hai zonas nas que
gustaría perderse e que te levan a outras épocas. Hai que destacar o ben
preparados que están estes andaríns, xa que tiveron que atravesar unha e outra
vez o río e non houbo unha soa caída (na auga) e iso que estaban as cámaras
preparadas para inmortalizar o momento (hainos ruíns…). Cando chegamos ó
santuario de Pena de Francia agardaban por nós unhas exquisitas rosquillas da
confitería Ancla de Ponteareas regadas cun bo viño tinto, que debemos agradecer
ó amigo Kico. Non queremos deixar pasar a ocasión sen darlle a benvida ó novo sendeirista, Xián, neto de Carlos e Marité, que nos asegura a continuidade do grupo. Unha vez máis a organización, e axudantes, acertaron coa elección
desta ruta. Moitas grazas a todos e todas.
Para ver máis fotos clica enriba desta.
Unha ruta espectacular!!
ResponderEliminarbajamundos canto tardastes e facer o comentario e as fotos pàrece que estuveste buscando o punto G DO QASQAIS
ResponderEliminarQue xa estamos¡¡ recuperadas''' e recperados
ResponderEliminarNon queiu ninguen no rio porque todos sabemos por donde vamos
Os sendeiros un a marabilla ,as fotos outra.
Grazas a todos ,incluido o rosquilleiro
vemonos pronto
pares que aruta foi dura nadie comenta nada sobre ela eu penso que estan calados por que teñen medo que organizacion nondege traer algun lambisco como nostruio onoso compañeiro kico animos compañeiro quesomos ungrupo marabilloso
ResponderEliminar