O Souto do Vello no cume galego!

O Souto do Vello no cume galego!

1 abr 2014

ÁNIMO POLI!!!!






Dende o hospital do Meixoeiro chégannos moi boas noticias. O noso amigo Poli estase recuperando moi ben e xa está a piques de empezar coa rehabilitación. É unha gran noticia para a familia do Souto do Vello, xa que estamos desexando de corazón velo de novo con nós. As enfermeiras da planta comunícannos que non dan parado a Poli, que quere botarse a andar para non perder a forma. Dende este blog mandámoslle unha forte aperta a este gran andarín e mellor persoa, e xuntamos toda a nosa forza para axudalo neste período de recuperación. Ánimo Poli, ti podes!!!

10 comentarios:

  1. Ánimo Poli. Esperámoste pronto!!

    ResponderEliminar
  2. Gracias.moitas .gracias pola noticia que gran alegria acabo de levar o leer o comentario, animo poli que coas tuas ganas e a nosa forza xa pronto te temos de novo con nos unha aperta moi grande.

    ResponderEliminar
  3. Veña Poli, en canto te poñan a traballar ponlle janas que queremos verte pronto con nós. Un abrazo moi forte e ánimo campión.

    ResponderEliminar
  4. Antonio Rodriguez4 de abril de 2014, 4:02

    Poli, esperamoste verte pronto nunha paparota das que ti sabes e tamen camiñando polos fermosos cumios da nosa terra, ánimo e forzas para esa pronta recuperación.

    ResponderEliminar
  5. Unha aperta pa Poli e familia esperamoste pronto nuha andaina cos do SOUTO. tes que loitar como se foxe unha andaina de 50 km. ti podes CAMPION

    ResponderEliminar
  6. ANIMO POLI SEMPRE EN POSITIVO As que vamos mallores necesitamos que nos axudes a cruzar os regatos ERES O MELLOR

    ResponderEliminar
  7. Veña Poly volve pronto que sin tí estamos perdidos e a "orghanisasión" anda apapaostiada e sin rumbo. Ven que nos fas moita falta.
    Animo e moita pacencia.
    Recibe unha forte apreta.
    M Villar

    ResponderEliminar
  8. Sr. Villar; tes toda razon que sin Poli vamos a andar un pouco perdidos, pero de ai que a " orghanisasión " perda o rumbo non estamos de acordo pois cando cheiramos un furancho vamos dereitiños a tomar a " garimba "........ pero por favor que Poli se incorpore pronto de novo que con el o grupo vai sempre moito mais tranquilo por esa tranquilidade que sempre nos trasmite.. VEÑA POLI TI PODES...

    ResponderEliminar
  9. animo poli !!! xa veras como saes de esta, moito animo e seguro que dia a dia co teu esforzo e ca expriencia dos facultativos que te levan veras como volveras a facer as cousas que sempre te gustaron.

    ResponderEliminar
  10. moito animo poli !!!! que xa queda menos, cas tuas forzas e o noso apoio todo isto pasará, e con esas jaldrumadas que tomas mais rápido ainda te recuperarás. Dentro de poco querémoste ver con nos para que nos axudes nas subidas que xa sabes que se nos dan mal e para que nos fagas esas fotos tan bonitas.
    Un bico moi grande!!

    ResponderEliminar