O Souto do Vello no cume galego!

O Souto do Vello no cume galego!

17 abr 2014

TRILHO CASTREJO DE CASTRO LABOREIRO





Fieis á cita anual co noso santuario do bacallao, a orghanisasión preparou este trilho que para os máis veteranos do grupo xa era coñecido posto que o fixeron no ano 2005. O día era bo, houbo que madrugar un pouco, pero todos estabamos alí con ganas…Bueno todos menos Poli que estaba ocupado con outros traballos. Esperemos que os faga ben para recuperarse pronto e que nos poida acompañar. Botámoste de menos Poli!! Ánimo!!  Dous que viñeron no autobús e outros tres que agardaban na saída, eran cinco  novos amigos que quixeron acompañarnos e aos que damos a benvida.
A ruta que fixemos está deseñada para percorrer os antigos camiños que comunicaban as brandas e inverneiras. As inverneiras son aldeíñas situadas en vales abrigados nas que os campesiños gandeiros pasaban os duros invernos (de decembro a marzo) e as brandas son lugares situados a maior altitude no que pasaban o resto do ano dedicados á sementeira e ao coidado do gando. Non hai moito que aínda se vían algúns campesiños cargando nos carros os mobles para ir dun lado ao outro.
O camiño que fixemos pasa por varias aldeas como Barreiro, Assureira (cunha ponte e muíño preciosos onde comemos o bocata), Curveira… Tamén se pasa (como é habitual nesta zona) por varias formacións rochosas con formas caprichosas ás que lles podes buscar similitudes con boa imaxinación, sobre todo o Pico do patelo, que se atopa despois dunha pequena subida que puxo a proba a forma física dos andaríns do Souto do Vello.
Atopamos e cruzamos por varias pontes, romanas ou medievais (Ponte de San Brás, Ponte Nova, ponte Cainheiras…).
Cando chegamos, aínda tivemos tempo de tomar unhas “garimbas” que acompañamos duns ricos petiscos co que nos agasallou o amigo Fernando. Logo xa subimos ao comedor para dar conta do excelente menú no que destaca o famoso bacallao con broas e o año ao forno. No remate os Soutiños fixeron o seu traballo e amenizaron a sobremesa acompañados dos valentes bailaríns. Desta volta contaron coa actuación dunha nova gaiteira que se integrou perfectamente no grupo. Tamén soprou a gaita o amigo García.
Un ano máis non defraudou a visita anual ao noso santuario. Estade atentos que logo poremos a programación do vindeiro mes de maio que será completiña. 
Para ver a reportaxe fotográfica fai clic nesta ponte.

https://plus.google.com/photos/115445407253412646695/albums/6003156831339399233
 

3 comentarios:

  1. !Hai Poli, canto te votamas de menos as pobres mulleres deste grupo xa non hai quen nos axude a cruzar os rejatos pensamos que o susiño nos ia a axudar pero como podes ver na primeira foto onde esta subido no poleiro contando as ouvelliñas para cerrar a cancela, e xa esta rematou a sua colaboración, bueno, bueno o dia empezou ben, dandonos ao jefiño as boas novas que xa te ias a ir para o centro de reabilitación a traballar duro para estar pronto entre nos , bueno ti non teñas presas pero traballa ben e fai todo o que mandes os recuperadores, o resto do dia transcorreu coma sempre coas broas, as tetiñas, e cos soutiños e aljun acobou un pouco mareado hasta o Jarsia tocou a jaita e co que fai a ajuardente vella, bueno Poli un abrazo moi forte e dalle duro QUE TI PODES. moitoa bicos

    ResponderEliminar
  2. Poli non lle fagas caso a Carmiña non teñas pena das mulleres cando lleconven piden a igualdade ti penso soio en ti e ponlle moitas forza o teu traballo pa estar pronto con nos unha aperta pati e os teus

    ResponderEliminar
  3. Aí, aí Carballeira, as mulleres non hai quen as entenda.. moita ijualdá pero despois andar a pedir. O Poli que se nos poña ben canto antes pero non por interese, esta Carmiñaaaa! Carballeira, si todas as mulleres foran coma ti e ti coma é debido, non fasia falta juardia sivil. Ánimo Poli, estamos contijo!

    ResponderEliminar