Prometía un día de tregua entre tanta chuvia e así foi. A chuvia deixounos camiñar pero a brétema impediunos gozar das vistas sobre a ría cando iamos por unha pista en busca do río San Martiño. Cando o atopamos, comezamos un sendeiro descendente ó pé do río, con grande encanto e con diversos muíños no seu percorrido.
Continuamos por unha pista paralela á autovía contemplando unha gran extensión de viñedos para chegar ó inicio da famosa ruta da Pedra e da Auga. Aí comezamos a subida sempre xunto ó río Armenteira gozando do fantástico contorno natural con fervenzas, varios tramos con rápidos e inzado de muíños bastante ben conservados. Un dos puntos chamativos da ruta é a denominada “Aldea Galega”, un lugar cheo de esculturas en pedra con imaxes características do rural galego.
De
volta no mosteiro, aínda tivemos tempo de tomar un refrixerio ata que abriron o
despacho para poder mercar algún dos produtos naturais (xabóns, cremas,
aceites...) que elaboran as monxas que habitan alí.
Para ver as fotos fai clic aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario