O Souto do Vello no cume galego!
O Souto do Vello no cume galego!
29 de ago. de 2019
12 de ago. de 2019
Nova tempada
Atención atención!!!
Hai algún sendeirista por aí?
Pois ídevos preparando que a tempada está a punto de comezar...supoño que estariades adestrando.
A orghanización non descansou e xa nos ten preparadas as primeiras saídas.
* O 22 de setembro faremos a primeira por Mondariz, a Ruta do Dragón. Suaviña para comezar.
* O 12 e 13 de outubro iremos ata Porto do Barqueiro para continuar coa Ruta do Norte (O Barqueiro, Estaca de Bares, Ortigueira...).
É importante que vaiamos comunicando se alguén non pode ir ou asegurarnos que conten con nós para reservar habitacións. Antes da saída de setembro temos que sabelo.
Pois ata setembro, a seguir gozando do verán!!!
Hai algún sendeirista por aí?
Pois ídevos preparando que a tempada está a punto de comezar...supoño que estariades adestrando.
A orghanización non descansou e xa nos ten preparadas as primeiras saídas.
* O 22 de setembro faremos a primeira por Mondariz, a Ruta do Dragón. Suaviña para comezar.
* O 12 e 13 de outubro iremos ata Porto do Barqueiro para continuar coa Ruta do Norte (O Barqueiro, Estaca de Bares, Ortigueira...).
É importante que vaiamos comunicando se alguén non pode ir ou asegurarnos que conten con nós para reservar habitacións. Antes da saída de setembro temos que sabelo.
Pois ata setembro, a seguir gozando do verán!!!
18 de xuño de 2019
Fin 17ª tempada: Saiáns-Coruxo-Oia
O pasado domingo,
16 de xuño puxemos fin á 17ª tempada de andainas e fixémolo preto da casa.
Subimos ata o parque forestal de Saiáns para facer unha pequena ruta por algúns
dos miradoiros que nos ofrecen os montes de Vigo e rematar cun xantar
campestre.
A xornada
resultou fantástica, lástima das baixas de última hora que non puideron
acompañarnos no remate deste curso. Dende aquí un saúdo para todos e todas.
O paseo comezou
no parque de Saiáns para adentrarnos na zona arqueolóxica onde se atopan unha
serie de muíños que aproveitaban as augas do Rego de Estea grazas a unhas
presas que represaban a auga para que puidesen mover os rodicios. Logo pasamos
polo castro do Alto da Medoña, protexido por un profundo foxo. Preto de alí
tamén se atopa algún dos diferentes muíños naviculares que hai pola zona
De alí comezamos
unha prolongada ascensión que nos levou ó Maúxo Grande, un dos miradoiros desde
o cal se pode contemplar toda a ría de Vigo, e con bo tempo máis alá. Continuamos
camiño e fomos dar a outro dos altos con espléndidas vistas como é o Alto da
Bandeira, tamén chamado Cabezo de Saiáns.
Dende o alto podemos divisar dende Cabo Silleiro ata Cabo Home e a ponte
de Rande. Segundo o cartel, a historia do nome deste alto débese a que
tradicionalmente os mozos tiñan que colocar unha bandeira no burato que hai na
rocha máis alta para que os familiares que estaban nas terras baixas soubesen
que o gando estaba a pastar no lugar axeitado.
Despois de gozar
das vistas comezamos o descenso ata o parque de Saiáns para o xantar. Alí nos
esperaban as compañeiras que pacientemente nos gardaron as mesas, ás que lle
agradecemos o traballo, e ben organizados demos conta das viandas que cadaquén
trouxo. Non faltou o intercambio de sobremesas e as doces rosquillas Ancla que
moi amablemente nos agasallou o amigo Kico.
E como non, os
Soutiños remataron a festa cun repertorio digno dos mellores grupos de música
do país.
Rematada a 17ª
tempada xa quedamos convocados en setembro para a primeira saída da 18ª.
Bo verán!!!
Para ver máis fotos fai clic aquí
8 de xuño de 2019
22 de maio de 2019
Parque Natural de Redes (Asturias)
Este ano tocou
celebrar o Día das Letras Galegas nas preciosas terras asturianas. Xa que
sempre nos achacan que lles mandamos a chuvia para alá, pois imos gozar das
paisaxes que se forman grazas a esas chuvias. E pode que sexa verdade, porque
despois de varios días de calor, xusto nos tocaron dous días de chuvia... e
neve!
O plan era facer
tres sendeiros espectaculares polo Parque Natural de Redes, a “Ruta de
Brañagallones”, o “Desfiladero de Arrudos” e a “Ruta del Alba”. Tres fantásticas
rutas que representan un pouco o que é todo o Parque. Debido ás condicións
meteorolóxicas tivemos que facer un pequeno cambio e en lugar de subir a
Arrudos fixemos a “Ruta de la Cabeza l’Arcu” tamén por Arrudos pero un pouco
máis sinxela, aínda que despois resultou un sendeiro complicado debido a chuvia
e a neve que atopamos.
Saímos de Vigo o
xoves para dirixirnos a Campo de Caso, onde sería a nosa base, pernoctando no
albergue Reserva de Redes. Recomendable, un bonito albergue con boas instalacións,
magnífico trato por parte do persoal e boa comida; excelente relación calidade
prezo.
O venres erguémonos
cun día anubrado e chuvioso, pero non impediu que comezaramos a subida a
Brañagallones con toda a ilusión do mundo. Lástima que a brétema impediu por
veces gozar das vistas.
Brañagallones
significa “braña de los gallones o urogallos”. A pita do monte tiña alí uns
“cantadeiros” onde os machos se exhibían para a reprodución. O lugar é un
antigo glaciar que co tempo se converteu en braña onde moitas familias vivían
do gando que pastaba por alí. Hoxe en día hai un dos mellores refuxios de
montaña de España.
A ruta comezou na
localidade de Bezanes. De aí comezamos a subir e subir por unha boa pista,
ancha e fácil. Ó pouco tempo xa podemos gozar dunhas marabillosas vistas, un
pouco limitadas pola brétema, dende o miradoiro do Texu la Oración. Xa case
chegando á braña pasamos polo túnel del Crestón. A partir de aí gozamos das
vistas dun dos mellores bosques do Parque Natural de Redes.
Despois de tomar os
bocatas no refuxio, baixamos un pouco apresurados porque o tempo non axudou
para poder baixar con calma gozando das vistas e dos sons que nos ofrecía o
camiño.
Resto do día relax,
cea e descanso.
O segundo día
presentouse complicado pola meteoroloxía o que fixo que a organización optase
pola alternativa da ruta de la Cabeza l’Arcu. Tamén pasa polo desfiladeiro de
Arrudos pero cambiando a dirección e facéndoa máis asequible...en principio.
Logo resultou ser un camiño complicado polo barro pero espectacular por todo o
demais.
Comezamos na
preciosa localidade de Caleao, antes de entrar na vila collemos á esquerda por
un sendeiro paralelo ó “Ríu los Arrudos”. Pasando por boa parte do desfiladeiro
dos Arrudos chegamos a “La Collada l’Arcu”. Atravesando sendeiros entre
faiedos, saltos, pozas...chegamos ó alto La Porquera onde nos encontramos cun manto branco...espectacular. De aí comezamos unha forte baixada atravesando varias veces o río e chegamos ó centro de Caleao. Como viñamos bastante mollados fomos directamente ó albergue para cambiarnos e comer. Tarde de relax e sidrinas por Campo de Caso.
Á noite cea de
despedida con actuación dos Soutiños e bailongo, onde participou activamente o
persoal de cociña.
Xa o domingo
espertamos con mellor tempo para poder gozar da última ruta...por agora.
Despois de almorzar
e cargar o autobús coas maletas, desprazámonos ata Soto de Agues para facer a
famosa “Ruta del Alba”.
É unha das rutas
máis coñecidas de Asturias, declarada Monumento Natural. Hoxe o factor que máis
vai destacar é a auga...pero a do río non a da chuvia, que nos abandonou por
completo.
Ó principio a ruta
vai por un camiño hormigonado e pronto atopamos o río Alba ou LLaímo que nos
acompañará o resto do sendeiro. Pronto atopamos unha piscifactoría á esquerda e
a partir do km 2 comeza o desfiladeiro do Alba. Fomos vendo unha chea de saltos
dunha auga marrón debido ós restos ferruxinosos que hai máis arriba, segundo
nos explicou un pescador de troitas que atopamos polo camiño.
Chegamos a unha
encrucillada onde o camiño deixa o formigón pola terra e pedras. A partir de aí
é onde aparecen os saltos de auga máis espectaculares.
A través dunha
pequena ponte chegamos a “La Cruz de los Ríos”, fin do noso percorrido de ida.
Volta para Soto de
Agues onde nos espera un bocata ou unha rica fabada nalgún dos restaurantes que
hai.
Antes de rematar a
crónica non debemos esquecernos do “grupo alternativo” que gozou duns días de
turismo cultural e gastronómico pola zona. Tamén agradecer o trato do noso
chofer David, sempre tan atento, amable e simpático, ademais dun bo profesional
ó volante.
E aquí remata esta
fin de semana das Letras Galegas que nós quixemos celebrala no precioso Parque
Natural de Redes.
Dende aquí queremos enviar unha forte aperta e todo o ánimo do mundo para o noso amigo Fernando para que se recupere o máis pronto posible e poder compartir connosco estas marabillosas andainas. Forza!!
Para ver as fotos do primeiro día fai clic aquí.
Para ver as fotos do segundo día fai clic aquí.
Para ver as fotos do terceiro día fai clic aquí.
13 de maio de 2019
Viaxe a Redes
Atención!!!
Segundo as previsións meteorolóxicas parece que imos ter algo de chuvia e temperaturas máis frescas cás destes días. Tédeo en conta á hora de preparar a equipaxe!!
Podedes consultar o tempo nas webs da vosa confianza ou facer clic nestas:
Segundo as previsións meteorolóxicas parece que imos ter algo de chuvia e temperaturas máis frescas cás destes días. Tédeo en conta á hora de preparar a equipaxe!!
Podedes consultar o tempo nas webs da vosa confianza ou facer clic nestas:
3 de maio de 2019
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






