O Souto do Vello no cume galego!
O Souto do Vello no cume galego!
20 de set. de 2013
27 de ago. de 2013
Preparados, listos...
Parece que aínda foi onte cando estabamos a botar un baile no bar "Robleda" e xa pasou o verán. Estamos preparados e preparadas para unha nova tempada? A orghanisasión vai facer un exame para ver como volve cada un e cada unha. Menos mal que a primeira saída está programada para o 29 de setembro, así que case temos un mes máis para adestrar. Pronto publicaremos a información desta saída coa que daremos comezo á tempada 2013/14, que parece ser que vai ser de aúpa. Atentos e atentas! Para o mes de outubro están preparando a primeira de fin de semana, alá polo 26-27. Tomade nota. A seguir gozando da praia mentres haxa bo tempo que isto logho se acaba. Saúdos da orghanisasión.
6 de ago. de 2013
Día de praia no Chazo
Como estaba previsto e anunciado na última saída, a organización convocounos para pasar un día de praia e de paso darlles unha sorpresa ao club das "adolescentes" Mercedes, Victoria e compañía. Así foi como os que puidemos nos presentamos o pasado día 14 de xullo no Chazo, en Boiro. Acompañamos aos Soutiños nun pasarrúas que nos levou ata a porta do Chaciño, onde nos recibiron unhas sorprendidas mozas que foron agasalladas cun bonito ramo de flores. A cambio nós puidemos degustar as riquísimas empanadillas, que en principio non estaban destinadas para nós. O día estivo estupendo e aproveitamos a praia, baños, paseos, charla... Logo xantamos todos xuntos, primeiro unha exquisita mexilloada e logo compartimos as viandas que cada un levou. Sobremesas variadas, caldos de autor...Despois de xantar os coros fixeron un repaso ao repertorio nacional e mesmo internacional. E como non podía ser doutra maneira, os Soutiños amenizáronnos cunha sesión licor-café que foi seguida por gran cantidade de bos bailaríns.

Non lle perdoamos un baño pola tarde e mesmo asistimos a un gran repertorio de chistes e contos do amifo Manolo "O jabalí".
Xa ben avanzada a tarde despedímonos das nosas amigas Mercedes, Victoria e Maruja que nos agradeceron moito a xornada festiva coa que non contaban.
Nós tamén lle agradecemos especialmente a Mercedes pola acollida que sempre nos prestou aos do Souto do Vello e agardamos repetir esta visita.
19 de xuño de 2013
Fin de tempada: Candán - Vilatuxe
Remata a tempada 2012/13
de andainas do Souto do Vello e puidemos facelo nunha xornada espectacular de
primaveraveráninverno. Foi unha fin de semana moi amena para poñer punto e
seguido.
O pasado domingo, 16 de
xuño recibiunos un sol marabilloso e o retorno do chófer pródigo, o preferido
da sección feminina sobre todo, o noso amigo Rubén Darío. A xornada prometía.
Comezamos a camiñar no
alto do Candán, onde nos agardaba José Rodríguez e a súa dona Gloria, que foron
os ideólogos desta ruta e os construtores da espectacular ponte sobre o río
Deza. Con algo de fresquiño fómonos achegando ata o vértice xeodésico do alto
do Candán a 1015m de altitude. O Poli estivo un pouco máis alto. De aí, por un
pronunciado descenso, chegamos á aldea abandoada de Grovas, fermosa paraxe ao
pé dun regato con fermosos prados. Collendo o camiño orixinal da aldea fómonos
achegando a Bustelos e de alí cara ao río Ceza, buscando a ponte da que falamos
antes. Construída por José e Gloria o día anterior, evitounos un percorrido
máis longo por asfalto. Moitas grazas.
Despois, cun suaviño
paseo chegamos ao bar “A Robleda” onde nos agardaba unha espectacular
churrascada.
No remate a actuación dos
Soutiños, onde deu os primeiros pasos un novo tamborileiro. Seguiulle un moi
animado baile, o que demostra que a ruta non foi tan dura como dicían as
queixas dalgunhas andarinas durante o percorrido.
Así rematou esta tempada
demostrando unha vez máis a boa harmonía dos andaríns do Souto do Vello que xa
están contando os días que faltan para comezar a nova tempada 2013/14. Feliz
verán!
Para ver as fotos fai clic aquí.
Para ver as fotos fai clic aquí.
6 de xuño de 2013
31 de maio de 2013
Peneda - Gerês (Pena de Anaman)
Eu hei de subir ó ceo
por unha cinta de la;
teño de levar comigo
á Señora de Anamán.
Aló polas
terras do Xurés érguese unha das máis fermosas pedras cunha fenda polo medio da
que saíron sete irmás que se converteron en virxes e residen agora naquela
comarca, repartidas da seguinte maneira:
Na provinccia de Ourense quedaron catro: unha é a do Viso, en Lobeira; outra está no Xurés, en Lobios; a outra na Sobreira, Ferreiros de Entrimo (este lugar tamén se ten como berce das sete irmás) e a cuarta é a da Carballeira, en Queguas de Entrimo.
Na provinccia de Ourense quedaron catro: unha é a do Viso, en Lobeira; outra está no Xurés, en Lobios; a outra na Sobreira, Ferreiros de Entrimo (este lugar tamén se ten como berce das sete irmás) e a cuarta é a da Carballeira, en Queguas de Entrimo.
As tres que se foron a terras portuguesas son a
de Boavista en Asiera, a Virxe da Peneda e a de Anamán, onde a Santa Ana ten
unha capela adicada.
Este foi o destino que levou aos andaríns do
Souto do Vello o pasado domingo, 26 de maio, para cumprir con dous mandados. Un
era o de celebrar a ordenación dos cabaleiros (e señoras) sendeiristas e outra
a de cumprir co preceuto de todos os anos, que non é outro que acudir ao
santuario do bacallao en Castro Laboreiro.
Xa de camiño no autobús, o noso guía-predicador
nos foi ilustrando sobre a historia que se deu por estas terras do famoso
bandoleiro Tomás das Congostras, que dicía aquilo de “O pobre non ten e o rico
non dá, quen queira sentar praza veña á Pena de Anamán, sete pesos
de entrada e un trabuco na man”.
Alá fomos nós a sentar praza tamén. Comezamos a
andar preto de Castro Laboreiro, á altura da ponte das Calnheiras, por unha
pista boa que nos levou ata a mesma base da pena de Anaman, impoñente ela coa
sua fenda que semella feita por un mal lóstrego unha noite de treboada.
Seguimos baixando ata chegar ao santuario de Santa Ana. Alí tivo lugar o
pirmeiro dos cometidos que nos levou a esas terras. O predicador subiu ao
púlpito e cos seus fieis entregados procedeu á ordenación “dos cabaleiros (e
señoras) sendeiristas da pena de Anamán da real orde de Tomás das Congostras”.
Aí queda!
A partir dese momento, ou tamén porque tomamos o bocata, empezamos a
subir con máis alegría por un sendeiro entre xestas, toxos, uces e carqueixas
floridas. Camiñamos pola fronteira, un pouco aquí e outro pouco alá. Dende ese
lugar pódese apreciar unha paisaxe fermosa inzada de rochas graníticas, ou
“pedras con formas”, onde cada un ve o que quere. As aguias convértense en
xigantes, as tartarugas en lindos golfiños...
Pouco a pouco fomos chegando á ponte de Barziela,
despois de atravesar a presa e varias localidades, sen máis interese que o
pracer de camiñar en busca do noso destino. Collemos o autobús que nos levou
ata Castro Laboreiro para cumprir co segundo dos mandados, que consiste en dar
conta dun suculento bacallao con broas. Como todos os anos o amigo Fernando e
familia atendéronnos coa amabilidade e fartura que os carateriza. De sobremesa
non podían faltar as afamadas “tetas” castrexas, que para uns estaban duras e
para outros no seu punto (todo depende dos gustos de cadaquén).
Despois do xantar, festa. Este anos os Soutiños
contaron coa inestimable colaboración dun espontáneo acordeonista que fixo máis
completo o grupo.
21 de maio de 2013
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






