Para esta saída de fin de semana a organización indica que debemos levar o seguinte:
saco de durmir, chanclas, toalla e útiles de aseo (opcional almofada, lanterna ou frontal e kit para comer (coitelo ou navalla, garfo, culler).
Comida para o sábado e comida para o domingo (o pan do domingo xa se colle alí). Da cea do sábado e o almorzo do domingo xa se encarga a organización.
Non esquezades levar ganas de pasalo ben!!!
O Souto do Vello no cume galego!
O Souto do Vello no cume galego!
25 de maio de 2014
23 de abr. de 2014
En defensa da serra do Galiñeiro
A organización do Souto do Vello convoca a todos os seus andaríns e demais persoas de ben que visitan este blog para acudir á V andaina pola protección da serra do Galiñeiro que terá lugar o vindeiro domingo 11 de maio.
Para máis información visitade a páxina da Plataforma facendo clic aquí.
Para máis información visitade a páxina da Plataforma facendo clic aquí.
17 de abr. de 2014
TRILHO CASTREJO DE CASTRO LABOREIRO
Fieis á cita anual co noso santuario do bacallao, a orghanisasión preparou este trilho que para os máis veteranos do grupo xa era coñecido posto que o fixeron no ano 2005. O día era bo, houbo que madrugar un pouco, pero todos estabamos alí con ganas…Bueno todos menos Poli que estaba ocupado con outros traballos. Esperemos que os faga ben para recuperarse pronto e que nos poida acompañar. Botámoste de menos Poli!! Ánimo!! Dous que viñeron no autobús e outros tres que agardaban na saída, eran cinco novos amigos que quixeron acompañarnos e aos que damos a benvida.
A ruta que fixemos está
deseñada para percorrer os antigos camiños que comunicaban as brandas e
inverneiras. As inverneiras son aldeíñas situadas en vales abrigados nas que os
campesiños gandeiros pasaban os duros invernos (de decembro a marzo) e as
brandas son lugares situados a maior altitude no que pasaban o resto do ano
dedicados á sementeira e ao coidado do gando. Non hai moito que aínda se vían
algúns campesiños cargando nos carros os mobles para ir dun lado ao outro.
O camiño que fixemos pasa
por varias aldeas como Barreiro, Assureira (cunha ponte e muíño preciosos onde
comemos o bocata), Curveira… Tamén se pasa (como é habitual nesta zona) por
varias formacións rochosas con formas caprichosas ás que lles podes buscar
similitudes con boa imaxinación, sobre todo o Pico do patelo, que se atopa
despois dunha pequena subida que puxo a proba a forma física dos andaríns do
Souto do Vello.
Atopamos e cruzamos por
varias pontes, romanas ou medievais (Ponte de San Brás, Ponte Nova, ponte
Cainheiras…).
Cando chegamos, aínda
tivemos tempo de tomar unhas “garimbas” que acompañamos duns ricos petiscos co
que nos agasallou o amigo Fernando. Logo xa subimos ao comedor para dar conta
do excelente menú no que destaca o famoso bacallao con broas e o año ao forno.
No remate os Soutiños fixeron o seu traballo e amenizaron a sobremesa
acompañados dos valentes bailaríns. Desta volta contaron coa actuación dunha
nova gaiteira que se integrou perfectamente no grupo. Tamén soprou a gaita o
amigo García.
Un ano máis non defraudou a visita anual ao noso santuario. Estade
atentos que logo poremos a programación do vindeiro mes de maio que será
completiña. Para ver a reportaxe fotográfica fai clic nesta ponte.
8 de abr. de 2014
1 de abr. de 2014
ÁNIMO POLI!!!!
Dende o hospital do
Meixoeiro chégannos moi boas noticias. O noso amigo Poli estase recuperando moi
ben e xa está a piques de empezar coa rehabilitación. É unha gran noticia para
a familia do Souto do Vello, xa que estamos desexando de corazón velo de novo
con nós. As enfermeiras da planta comunícannos que non dan parado a Poli, que
quere botarse a andar para non perder a forma. Dende este blog mandámoslle unha
forte aperta a este gran andarín e mellor persoa, e xuntamos toda a nosa forza para
axudalo neste período de recuperación. Ánimo Poli, ti podes!!!
10 de mar. de 2014
20 de feb. de 2014
Luíntra
O pasado domingo, 16 de
febreiro, pedímoslles permiso ás cicloxéneses explosivas esas para que nos
deixasen facer unha escapadiña. Nótase que a orghanisasión ten mando por aí
arriba porque nos apareceu un día marabilloso, con brétema e todo. Saímos de
Matamá ás 7:30 da mañá cando aínda estaban as rúas sen poñer, rumbo á terra dos
afiadores. Ao pé da estatua que Buciños lles ten en Luíntra comezamos a nosa
andaina para percorrer parte do camiño natural da Ribeira Sacra.
Pasamos por varias
localidades con rica arquitectura popular, por un dos maiores campos de mámoas
en Monteverde, por Biduedo, Paradela, etc.
Despois dunha pronunciada
baixada polas congostras cheas de auga que nos meteu de cheo nunha brétema
espesa, chegamos ata o mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, hoxe Parador.
Como estaba pechado non o puidemos visitar.
Logo pasamos por Pombal,
Valdaporca e volta a Luíntra.
Recuperamos folgos cun
cocido e a continuación os Soutiños ofrecéronnos o mellor do seu repertorio.
Foi a primeira actuación de dous novos tamborileiros que demostraron boas
maneiras e aseguraron o futuro da percusión en Galicia. Tamén os acompañou o
Çé.
Nesta andaina, á parte de
lamentar algunha ausencia significativa, que botamos de menos, asomaron os novos
valores do grupo: Izía, Valeria e Breixo. Tampouco nos podemos esquecer dos que fixeron a andaina pequena, sobre todo tres valentes que, segundo oídas, demostraron que están en plena forma. Calquera día son capaces de acompañar ó resto do grupo...aínda que non haxa cocido.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






